Desde Conecta Ourense, iniciativa da Confederación Empresarial de Ourense (CEO) en colaboración co Igape, informamos da posta en marcha dunha nova liña de préstamos directos en réxime de concorrencia non competitiva, que poderá alcanzar ata 1 millón de euros por beneficiario.
Esta medida forma parte da modificación das bases reguladoras do programa IG408B para o ano 2025, coa incorporación dun novo punto (punto 8 do anexo I) que amplía as modalidades de financiamento dispoñibles para as empresas afectadas pola política arancelaria dos Estados Unidos.
Empresas beneficiarias
Poderán acollerse a esta liña as empresas que:
– Teñan os seus centros de traballo maioritariamente en Galicia.
– E que durante o ano 2024 realizasen:
– Operacións de exportación e/ou importación cos Estados Unidos por un importe igual ou superior a 100.000 €.
– Que as súas operacións comerciais cos EE.UU. representen máis do 10 % das vendas totais.
Prazo de presentación de solicitudes
O prazo permanecerá aberto ata que se esgote o crédito dispoñible ou, como data límite, ata o 1 de decembro de 2025 ás 14:00 h.
🔗 Consulta a documentación oficial:
– Ficha resumo da convocatoria:
Desde Conecta Ourense, seguimos traballando para facilitar o acceso das empresas ourensás a recursos que impulsen a súa competitividade, internacionalización e adaptación aos retos globais.